23 de julio de 2009

A miña infancia. Eu mesma. Susi

"Luuuuu!!! Acabo de ler o blog de que cousas te fan feliz e non podo deixar de decirche que a min fixome moi feliz ler algo tan bonito e entrañable!!!non puiden comentalo ali, pero para min felicidade e ler algo tan bonito escrito por unha persoa a que queres mais q a unha irma...un beso enorme, eres fantástica e a alegría para min e terte como amiga"
A verdade é que pode soar prepotente que eu mesma colgue o comentario chegado o meu mail dende unha destinataria moi especial para min: Susi. Como ela mesma dí, non puido comentalo aquí no blog, publicareino eu, xa que este comentario reúne moito: alguén moi especial para min leeme, e non só iso, tamén comenta as miñas publicacións, e os comentarios son verdadeiramente...halagadores. De esos comentarios que che farían subirte ás nubes, senon fora porque xente coma ela ensinaronme dende pequena a poñer os pes sobre a terra. Responde á pregunta que deixo no final aberto de qué cousas te fan feliz, e bueno, o de que é bonito o que acaba de ler non o teño tan claro como que me quere tanto coma a unha irmá...

A nosa historia comenza fai case un carto de século nunha pequena aldea maternal para min. Digo fai case carto de século, porque a historia de amizade comenza có meu nacimento, de feito non podería lembrar a primeira vez que vin a Susi...é de esas persoas que medras con elas. E ahí empeza a enfiarse o ovillo da amizade, mañás, tardes, noites, nadal, días de verán...anos e anos... Cando es pequeno sempre existe alguén a quen desexarías parecerte, e chega un momento que ata crees falar có seu timbre de voz. Eu desexaba ter un parche e gafas rosa. É que cando hai idolatración parece que todo queda nun segundo plano, non reparas e se é bon ou malo, e máis aínda cando tes tan só tres ou catro anos. Sen embargo teño tantos recordos da miña infancia con ela...Din que nesa época crease o máis profundo do teu ser, das tuas crenzas, personalidade, habilidades sociais, desenvolvese a linguaxe, os afectos, o carácter... Por iso se agora son así para ben e para mal habería que mirar ós meus pilares, á infancia, e ahí unha peza clave: Susi de novo. Digamos que aprendín a falar en galego. Aprendín a saborear bocadillos de touciño (pero de ese touciño que só hai nas aldeas). Aprendín a ler Cosmopolitan con sete anos e empezar a crer que os homes son simples e raros á vez, a ter conciencia da moda, a combinar cores, telas, pezas... Aprendín a escoitar música e a deixarme levar pola imaxinación e montar concursos de cantantes onde presentadora e cantante era a mesma: eu. Aprendín a apreciar a música no día a día. Bruce Sprigsteen namoroume e foi para sempre. Aprendín a chamar por teléfono para avisar que un día máis quedaba a comer...ou a cear. Aprendín nas tardes de sábado na peluquería. Aprendín de amoríos porque me falaba como se poidese chegar a comprendelo todo e, có tempo, renovarse ou morrer, así que acabas entendendoo todo. Aprendín a decorar as cartas para os seus mozos da época. Aprendín a recibir cartas no meu buzón: que alegría!! Aprendín o importante que é un pequeno detalle e, máis de alguén que te quere; e máis de alguén a quen queres; e máis cando xa non vives nesa pequena aldea maternal: canto pode facer unha mensaxe no contestador automático ó chegar da escola. Aprendín a facer sentir importantes ós que queres: cantas veces non esquecemos...e canto te das conta xa é tarde. Aprendín a xogar ó tenis. Aprendín o que era unha au-pair, e a soñar dende os oito anos que algún día viaxaría por todos esos sitios do mundo que tiña que coñecer. Aprendín a non desaproveitar oportunidades para aprender de alguén sexa o que sexa: italiano, a facer pan francés, as primeiras palabras en inglés con catro anos, a collerlle cariño á regra de tres, a customizar a roupa do baúl do cuarto cando Custo aínda non era máis que un home que vivía en Barcelona...Aprendín o gusto polas cremas, toooodo o día. Aprendín a que o sol recargate e evapora os malos fumes. Apredín que recoller as vacas no pasto se estaba ela podería ser o máis divertido. Aprendín que non creía en deus, pero que o máis importante era o respeto a tooooooooodas las crenzas, relixiosas ou non, compartidas ou non. Aprendín a contar mentiras para que me deixasen a luz encendida pola noite porque tiña medo á escuridade. Aprendín a caer dun columpio. Aprendín a que as prantas reganse cando cae o sol. Aprendín que se quero, podo. Aprendín a que a casa aínda vivindo uns pais e catro irmáns, en todo caso era "a casa de Susi", porque ó final sempre hai un importante e logo veñen todos os demais... Aprendín o cotillear, e ata a adedicarlle unha canción a Dorinda dende o balcón(jajaja...) Aprendín a xogar con bonecas de verdad e puxemoslle por nome Marta. Aprendín que unha falda vaquera pode ser máis bonita do que pensaba según quen cho diga. Aprendín que todo se aprende mellor cun sorriso.

1 comentario:

Cuenta lo que quieras, recuerda que esto es "un sofá para hablar"...

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails