Soño có primeiro fin de semana do verán, ule a bronceador, de eses con aroma a coco ou algo así que nun día de choiva poderían facerche sentir en medio de agosto; penso na sensación de estar na area tumbada boca arriba, có sol de frente e oír ó lonxe os sons das ondas rompendo e o murmullo da xente.O verdadeiro disco do verán.
Chega dando avisos entre semana. A piscina aberta sen aviso. A praia agardando as visitas có seu mellor pastel. Chega a néboa e voltamos ó fogar. É sinxelamente maravillosa a sensación post-ducha despois da praia. O fin de semana despidese cheo de luz e calor, de comida na praia, de baños na auga salgada, de beizos cheos de sol. Risas cunha conversa intermitente entre os grans de area. O sol baixa para a despedida. A marea sube para acercarse ata a porta de saída con nós. De novo no fogar. Sigo soñando có primeiro fin de semana do verán.
É que "o primeiro" sempre é o máis esperado, o máis máxico.
ResponderEliminar